Esta mañá o alcalde, Juan Manuel Saborido Rama, e o presidente das Escolas de Fútbol do Concello de Carnota, Jorge Fiuza Barreiro, asinaban o convenio de colaboración que dá continuidade a estes anos de traballo conxunto e que permite que os nenos e nenas do noso concello poidan practicar deporte favorecendo a sociabilidade e o espíritu de cooperación en grupo.

Este club creouse con moi poucos socios e cada ano increméntase o número de inscritos, rondando na actualidade os 50.

A principios deste ano 2019 realizábanse cambios na directiva. O novo organigrama é o que sigue:

  • Presidente: Jorge Fiuza Barreiro
  • Vicepresidenta: Silvia de la Iglesia García
  • Secretaria: Tania Andrade Figueiras
  • Tesoureira: Mónica Formoso Lamela
  • Vocal: Marta Trillo Sánchez
  • Vocal: Iría Raquel González Toba

En canto ao equipo técnico continúan os adestradores:

  • Marcos Dominguez Caamaño
  • Fernando García Cuesta

A Escola de Fútbol disputa na actualidade a Liga de Fútbol 8 organizada pola Real Federación Galega de Fútbol, na que o ano pasado tíñamos dous equipos inscritos e este ano pasamos a tres.

Polo que respecta ó fútbol sala, a Escola de Fútbol este ano participa en tódalas categorías dende biberón ata a categoría infantil.