O Concello de Carnota organiza 3 andainas durante os meses de outubro, novembro e decembro.

A primeira das andainas é sen dúbida unha das máis demandas, a subida ao Monte Pindo dende O Pindo. A cita terá lugar o próximo sábado, día 12 de outubro.

A segunda é unha ruta circular que une as parroquias de Lira e Lariño a través da Senda Verde, situada a unha cota dos 200 metros sobre o nivel do mar e a Senda Azul, pola línea de costa. Esta combinación fai que se poda desfrutar de mar e monte en apenas uns metros. Esta segunda ruta terá lugar o 17 de novembro.

O itinerario da terceira das andainas prevista para o 15 de decembro, tamén é unha ruta circular e unirá os lugares de O Pindo e Quilmas, visitando distintas representacións de arquitectura popular, como o Portiño de Quilmas ou as antigas fábricas de salazón.

Todas as rutas son de balde e iniciaranse as 9:30 da mañá. A distancia a recorrer nestas rutas ronda os 10 km e o tempo estimado é de 3:30 horas. Estas andainas teñen unha dificultade media-alta.

Inscricións

Para inscribirse ou consultar máis información pódelo facer chamando ao Departamento de Cultura, Turismo e Deportes do Concello de Carnota: 981857032 ou enviando un email a: carnotaetua@gmail.com
*As inscricións deberán formalizarse polo menos dous días laborais antes da realización de cada actividade.