O Concello de Carnota segue a traballar na Campaña de Prevención e de Sensibilización contra as violencias machistas: Súmate á Igualdade (+=!). Durante este mes coordinaranse diferentes actividades dirixidas a mulleres, a familias, a crianzas e a toda a veciñanza.

Nesta ocasión seguimos a traballar polo apoderamento feminista, así como pola concienciación da reprodución de roles e estereotipos de xénero no marco das relacións familiares ou noutros ámbitos como o deportivo.

Estas son as actividades programadas para o mes de outubro: 

 

CARNOTA COEDUCA: Ciclo de charlas centradas en coeducación, corresponsabilidade e igualdade de xénero.

Un espazo coas familias para reflexionar sobre a influencia do sexismo no proceso educativo.

Desenvolveranse dúas charlas na ESMU dous mércores de outubro:

  • Coeducando en familia: a igualdade de xénero na crianza.
    • Mércores 16 de outubro de 18 a 20h.
  • E ti, que rol xogas? Estereotipos e prexuízos na educación.
    • Mércores 23 de outubro de 18 a 20h.

OBRADOIRO INTENSIVO DE AUTODEFENSA FEMINISTA.

Un espazo para mulleres centrado no traballo de apoderamento feminista impartido por Lésbicas Creando.

  • Sábado 26 de outubro. 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.
  • Local Vintepicopés. Casa da Xesteira.
  • Inscricións no Dpto de Servizos Sociais do Concello: 981 857 032 (Ext. 2) até o 21 de outubro.

 

Para máis información:

Facebook Súmate á Igualdade (@igualdadecarnota)

Twitter (@SumateIgualdade)

EN FORMA CONTRA O MACHISMO: Charla centrada na igualdade de xénero no deporte.

Un espazo de reflexión sobre a influencia do sexismo na práctica deportiva. Esta charla está dirixida a entidades deportivas e veciñanza en xeral.

  • Venres 25 de outubro ás 19:30 h no Salón de Plenos do Concello. Entrada libre (sen inscrición previa).