Onte continuábamos cas xornadas de turismo consciente no Concello de Carnota co grupo de mulleres en situación de vulnerabilidade, derivadas da colaboración coa ONG Médicos del Mundo. A terceira das catro xornadas que forman parte do proxecto “Unha viaxe sostible para unha vida consciente” iniciativa enmarcada dentro do programa “O teu Xacobeo” impulsado pola Xunta de Galicia.

A xornada comezaba ao igual que as anteriores con un almorzo enerxético na casa da aldea O Fogar do Carpinteiro para logo continuar con unha sesión de pilates. Á hora de xantar, degustaban un menú saudable e asistían a unha charla sobre alimentación consciente. Pola tarde realizaron unha actividade para cultivar corpo, alma e mente no Mirador de Louredo e como colofón final da xornada, o grupo visitou  Fisterra para sentir de cerca a espiritualidade do Camiño de Santiago. 

Para resumir esta xornada, deixamos un vídeo desta terceira xornada