O Concello de Carnota organiza o II Concurso de Fotografía Mariñeira que ten como finalidade amosar e por en valor o patrimonio natural, etnográfico e cultural do municipio a través da fotografía relacionada co mar.

Esta actividade está incluída dentro da programación da II Mostra Mares da Fin do Mundo que terá lugar o vindeiro 29 e 30 de novembro de 2019 na Lonxa Vella de Lira. Durante a celebración da Mostra poderase visitar a exposición das fotografías finalistas deste concurso.

O prazo de inscrición estará aberto dende o 1 ao 31 de outubro de 2019.

Prema aquí para consultar as bases do concurso.