Desde o Concello de Carnota retomamos o traballo desenvolvido no proxecto “Carnota Amiga da Infancia e da Adolescencia”, que logrou que Carnota forme parte da rede de “Cidades Amigas da Infancia” de UNICEF.

Nos últimos anos, coordináronse diferentes actividades que tiveron que ver coa formación e a participación das rapazas e dos rapaces. Seguindo esta liña de traballo, nos próximos meses terán lugar unha serie de obradoiros nos que traballaremos polos dereitos da infancia e da adolescencia.

Por este motivo, queremos convidar as rapazas e rapaces entre os 8 e os 17 anos de idade a formar parte deste proxecto participando nos obradoiros que terán lugar no salón de plenos do Concello nas seguintes datas:

Sábado 28 de setembro, de 11:00 a 13:00 h.

Sábado 26 de outubro, de 11:00 a 13:00 h.

Sábado 16 de novembro, de 11:00 a 13:00 h.

Podedes inscribirvos no Dpto. de Servizos Sociais: 981 857 032 (Ext. 2)