Para despedir o período estival, o venres, 20 de setembro celebraremos a “Festa de fin do verán” no campo do Viso para todos os públicos. Este é o programa que temos preparado:

De 17 a 19 h: “Os xogos do Paporrubio”. Un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria. Da man de Luchi Iglesias e do pequeno paporrubio, calzado cuns zoquiños, guiará a nenos/as e maiores por unha chea de xogos (https://xogospaporrubio.com/).

E a partir das 19 h remataremos coa montaxe teatral “A illa sen tesouro”, da compañía Teatro dos Ghazafelhos, na que, coa participación do público o cadro de actores reinterpretará a fabulosa aventura de piratas. Música, bailes, pelexas de espadas non van faltar nesta aventura marcada co humor inconfundible dos Ghazafellos e que serve de chiscadela ao clásico literario de Robert Louis Stevenson para toda a familia. (https://www.facebook.com/ghazafelhos/).