O Concello de Carnota é sen dúbida un lugar privilexiado pola súa situación xeográfica. Estos días, dende o Monte Pindo, situado a 627 metros de altitude, pódese ollar con toda a plenitude o último solpor da Europa Continental. 

Pese a non ser o punto máis occidental de Europa, o Monte Pindo é escenario do último ocaso durante dous períodos ao ano debido a orientación do eixe de rotación da Terra con respecto ao Sol. As datas nas que ten lugar, son as comprendidas entre  o 24 de marzo e o 23 de abril e entre o 18 de agosto e o 19 de setembro.Podes consultar neste enlace o estudo do catedrático de electromagnetismo na Facultade de Física  da USC, Jorge Mira coa explicación científica: “A Costa do solpor Europea”