Abrimos o prazo de inscrición para anotarse nas actividades deportivas e culturais para o curso 2019-2020. Ademais das actividades que ven prestando o Concello de Carnota outros anos, este curso, como novidade, ofertamos as seguintes:

  • Para nenos/as: atletismo, baloncesto, ximnasia rítmica, técnicas de estudo, english theater, maxia e inglés.
  • Para adolescentes e persoas adultas: maquillaxe, graffiti, hip hop/bailes modernos, técnicas de estudo, ioga, monitor/a de tempo libre e inglés.

Consulta aquí a oferta completa de actividades para o curso 2019-2020:

Podes inscribirte presentando a ficha de inscrición no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Carnota dende o 2 ata o 17 setembro de 2019 (agás no caso do curso de Monitor/a de Tempo Libre que remata o 25 de setembro).