Contos con música para gozar en familia, a cargo de Bea Campos, de Migallas Teatro.

O próximo 6 de setembro, ás 17:30 h, o salón de actos do Concello de Carnota acollerá unha sesión de contos con música para familias con crianzas de 6 meses a 3 anos, da man de Bea Campos, de Migallas Teatro.

Esta actividade, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello, enmárcase no programa Apego (http://apego.gal/) , unha iniciativa colaborativa dirixida favorecer a transmisión do galego como lingua inicial e a tecer redes coas familias, proporcionarlles espazos de relación e de intercambio de experiencias favorables para o uso do galego e achegarlles recursos diversos que favorezan e apoien a crianza no noso idioma.

Inscricións

As prazas son limitadas (máximo 25 nenos/as acompañados de ata 2 persoas adultas) e para participar cómpre realizar unha inscrición previa no SNL (981 106 331 | cultura@carnota.gal).

O prazo de inscrición remata o 5 de setembro ás 14:00 h.