Hoxe a CMAT (Costa da Morte Asociación Turística) presenta oficialmente a nova imaxe de marca para a promoción turística. Trátase dunha imaxe fresca e renovada que busca transmitir os valores turísticos do noso xeodestino. 

Esta marca está inspirada na natureza, no mar, nas festas, na gastronomía e na artesanía que son os principais atractivos turísticos do noso territorio e o seu obxectivo é contaxiarnos de alegría, maxia, entusiasmo e liberdade”. 

As cores tamén buscan trasmitir a esencia da Costa da Morte, o azul do mar , o laranxa dunha posta de sol ou o verde que representa a natureza.

Máis información en: www.visitacostadamorte.com