Se che interesa a fotografía de paisaxe, queres aprender a expresarte a través dela e, incluso incorporala ao teu futuro profesional, ofrecémosvos este curso organizado dende a OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) e o Departamento de Cultura do Concello, co apoio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Xunta de Galicia).

Este curso será impartido por Xabier Armendariz (explorador, navegante, documentalista, cámara, fotógrafo e historiador marítimo), colaborador habitual entre outras publicacións de National Geographic. Unha oportunidade de aprender dun recoñecido profesional.

Este curso está dirixido principalmente á mocidade entre os 14 e os 30 anos. Para os participantes nesta franxa de idade este curso será gratuíto. No caso dos participantes de 31 anos en adiante o prezo será de 110€.

Horario e datas: 

Sábado, 31 de agosto: 

9:00 – 14:00 h: Presentación e iniciación á fotografía de viaxes. 

15:00 – 18:00 h: Equipos, fluxo de traballo e composición fotográfica.

18:00 – 20:30 h: Saída para prácticas fotográficas.

Domingo, 1 de setembro:

9:00 – 14:00 h: Obradoiro de edición e procesado fotográfico e despedida.

Inscricións

As prazas son limitadas. Grupo mínimo de 8 e máximo 15 participantes. 

Podedes formalizar a inscrición ben presencialmente na oficina de Cultura e Deportes do Concello ou achegando esta Ficha e autorización actividades e enviala ao enderezo electrónico cultura@carnota.gal. No caso de ter entre 14 e 30 anos, habedes de incluír fotocopia do DNI. 

Teléfono de información: 981857032 (ext. 4).