Xa está aberto o prazo de inscrición da XXVIII Carreira das Areas do Concello de Carnota, a 8º proba incluída no VI Circuíto Correndo pola Costa da Morte.

A data elixida este ano é o día 18 de agosto. Como novidade, a saída e a meta estará colocada no entorno do Hórreo de Carnota, así como todos os servizos da proba (avituallamento, entrega de dorsais e do agasallo conmemorativo).

Na competición poden participar tanto nenos/as (dende os 3 anos) como persoas adultas.

As inscricións realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com ou en www.correndopolacostadamorte.com  ata o mércores 14 de agosto ás 23:59 h.

Todos/as os/as atletas de circuíto deberán confirmar de maneira obrigatoria a súa asistencia á carreira.

As inscricións para os/as atletas de categoría serán gratuítas.

O horario de apertura das mesas para a recollida de dorsais será ás 08:30 h no entorno do Hórreo de Carnota, onde tamén estará situada a meta/saída. Os dorsais e chips poderanse recoller ata 30 minutos antes do inicio da proba.

A recadación das inscricións da proba de 3km irá destinada á Asociación Provincial Contra o Cancro. Todas aquelas persoas que desexen contribuír, sen participar na carreira, poderán facelo inscribíndose no apartado FILA 0 que aparecerá na web www.championchipnorte.com ou enwww.correndopolacostadamorte.com

 

Horarios

18 de agosto de 2019 ás 10:00 h
Hórreo de Carnota, Carnota (A Coruña)

 

  • 08:30 Apertura de mesas para recollida de dorsais
  • 10:15 FILA 0 (IMPORTE MÍNIMO DE 1€)
  • 10:15 BENXAMIN (10-11) E ALEVÍN (08-09)
  • 10:45 PITUFO (2012 A 2016)
  • 11:15 3K CONTRA O CANCRO (2003 E ANT.)
  • 11:17 INFANTIL (06-07), CADETE (04-05) E XUVENIL (02-03)
  • 12:00 ABSOLUTA 10K (2003 E ANT.)