O vindeiro martes 16, ás 19 horas no salón de actos do Concello etrá lugar un evento moi especial, da man do proxecto do Consello da Cultura Galega: Memorias de vida en vivo. Dirixido por Encarna Otero, As mulleres co mundo na cabeza. Os camiños do Pindo é un documental gravado enteiramente en Carnota que conta coas testemuñas coma as de Olimpia, Marisa (a sua filla) e Marisa (a madriña)… voces que, por milleiros, forman esa coral do mundo do traballo en feminino que tan ben capturou a máquina de retratar de Ruth Matilda Anderson nas súas viaxes por Galicia nos anos 20 e 30 do século pasado.
Programa do evento:
Presentarán o acto: Rosario Álvarez (Presidenta do Consello da Cultura Galega), Encarna Otero Cepeda (membro do grupo de traballo Imaxes e Voces e directora do documental), Marisa Vázquez Oreiro e o alcalde de Carnota Juan Manuel Saborido.
Ao finalizar o acto haberá una actuación da cantora Guadi Galego, un broche de ouro a esta presentación aberta a toda a veciñanza.
Prema na imaxe para acceder ao programa completo: