A próxima semana comeza unha nova edición de Un Verán de Conto!, un programa de dinamización lectora na infancia impulsado pola Concellería de Cultura, Turismo e Normalización Lingüística do Concello de Carnota, a través da Axencia de Lectura Municipal, que desta volta chega repleto de música, teatro, clown, contos e maxia para nenas e nenos a partir dos 3 anos.

As actividades que integran este programa están financiadas pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, ao abeiro do programa Ler Conta Moito, e pola Deputación Provincial da Coruña, no marco da Rede Cultural.

Todas as actividades serán ás 11:30 h no salón de actos do Concello de Carnota. A entrada é libre até completar o aforo do local.

Poden consultar as datas no cartel e na ligazón https://www.carnota.gal/axenda/https://www.carnota.gal/axenda/