O domingo, 7 de xullo terá lugar a proba ciclista máis importante de Galicia: o Gran Fondo Ézaro – Costa da Morte 2019. A única proba en España integrante do Circuíto Internacional UCI GRAN FONDO WORLD SERIES. A proba, sairá as 9:00 h za zona da Fervenza do Ézaro para rematar arredor as 16:00 h no Alto do Miradoiro do  Ézaro.

Aviso de restricións do tráfico e retencións

Na ruta longa, o percorrido atravesa todo o Concello de Carnota pola súa estrada principal AC-550 en dirección a Muros, polo que o tráfico terá cortes parciais para o desenvolvemento da proba entre as 11:40 e as 13:15 horas aproximadamente.

Á volta de Muros o paso será por Paxareiras baixando pola zona do Viso para se incorporar novamente á AC-550 dirección O Ézaro. Neste tramo, o tráfico ascendente estará cortado totalmente de 12:40 a 15:00 horas e con posibilidade de cortes parciais no tráfico descendente entre o alto de Paxareiras e a Igrexa de San Mamede.

Poden consultar todos os horarios previstos do paso dos corredores/as nos rutómetros das imaxes seguintes. Ademais, a organización pon a disposición dos interesados/as o seguinte teléfono de información: 654 285 692.