A mostra en itinerancia preséntase en 10 concellos da provincia da Coruña, e desde o luns até o 23 de xullo o Concello de Carnota acolle esta escolma de 30 obras, das 142 presentadas na edición 2018 do Premio, correspondentes a 30 artistas procedentes de distintos países coma México, Irán, Polonia ou Alemaña.

Entre as obras expostas destaca o Primeiro Premio acadado polo polaco Wieslaw Haladaj coa xilografía “Appearance 22” e os Accésit “The extended night” de Mehdi Darvishi e “Forma y vacío” de Rubén Morales Lara da XIII do Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica que organiza a Deputación Provincial da Coruña e a Fundación CIEC.

Non perdades ocasión de vela.

Entrada de balde, no salón de actos do Concello.

Horario: de luns a venres de 8 a 14 horas (do 1 ao 23 de xullo).