Un verán máis, o concello de Carnota bule de actividades culturais, deportivas, gastronómicas e por suposto as festas. Ben promovidas polo Concello ou dende as asociacións do municipio, xa podedes consultar o calendario en pdf: Díptico actividades de verán 2019. Tamén podedes acceder consultando a sección da “Axenda” (https://www.carnota.gal/axenda/) e as redes sociais para estar ao día, xa que está previsto que haxan máis actividades das aquí reflectidas.

Todas as actividades promovidas polo Concello son de balde, agás os campamentos “Aldea de Verán” e o Curso especializado de Fotografía de Viaxes a partir dos 31 anos en adiante (para a mocidade entre 14 e 30 anos é gratuíto, xa que acóllese ao programa de iniciativas para a mocidade da OMIX Carnota co apoio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado).

Inscricións

Para a maioría de propostas cómpre facer inscrición previa no Concello presencialmente, no teléfono 981 857032, ou escribindo aos enderezos: cultura@carnota.gal, deportes@carnota.gal ou turismo@carnota.gal, indicando os datos e, no caso dos menores de idade, cubrindo tamén o apartado de autorización, segundo o seguinte modelo único: Ficha e autorización actividades.

Para as probas deportivas, as inscricións formalizaránse en plataformas web externas:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os venres… Andaina!

Destaca na programación e pola boa acollida en anos anteriores as andainas organizadas dende o Departamento de Turismo. As inscricións faranse coma para as anteriores actividades descritas. No caso dos menores de 12 anos, estes irán acompañados dunha persoa adulta.

Todas as andainas terán hora de saída ás 9:30 h, agás “Carnota e o seu patrimonio” (26 de xullo e 16 de agosto) que serán nocturnas con horario de saída ás 21:30 h.

Desta volta o programa de andainas nos meses de xullo e agosto é a que segue:

#Felizverán #Carnotaetúa