Chega unha nova edición do Víndemo Ver, VIII Mostra de Promoción Local de Carnota (entre o 18 e o 21 de abril), o evento que vindica e ensina en 4 días: artesanía, produto da horta, de proximidade e gastronomía, e cunha ampla oferta de actividades culturais, lúdicas e deportivas para todas as idades.

Xa imos polo oitavo ano desta mostra. Nesta edición, ademais das carpas habituais de artesanía e proximidade, este ano engádese unha 3ª dedicada á gastronomía na que haberá demostracións e degustación das apostas culinarias de recoñecidos cociñeiros e chefs dos restaurantes da nosa zona (Carnota e concellos da Ría da Estrela Muros-Noia), e doutros puntos de Galicia. Elaboracións de máxima calidade con produto local, grazas á colaboración de Javier Beiro Rebollido, do Restaurante A Morosa (Mallou, Carnota).

Horario da feira: de xoves a sábado (18, 19 e 20 de abril) de 11:00 a 14:30h e de 17:00 a 21:00h; domingo 21: de 11:00 a 14:30h.

Tedes o tríptico premendo aquí. Programación desglosada:

Xoves, 18 de abril

Mañá

10:00h: Saída da Ruta BTT de Carnota (diante do Concello). Recollida de dorsais dende as 08:30h. A inscrición remata o domingo, 14 ás 23:59h (acceso á plataforma: Galitiming)

11:00 h: Showcooking do chef Diego López “Moli” (Restaurante La Molinera -Lalín-, elixido Cociñeiro do Ano no Fórum Gastronómico 2014).

12:00 – 14:00 h: Separar con Xeito. Carpa informativa de Ecoembes sobre reciclaxe e separación de residuos.

13:00 h: Showcooking de Lucinda Caamaño (Casa do Zuleiro, Brión de Arriba, Outes).

Actuacións dos Gaiteiros de San Mamede (na carreira e na Praza de San Gregorio).

Tarde

17:30 h – 20:30 h: Obradoiro aberto “Xogando Miudiño”. Impartido por Miudiño S. Coop. Galega. Espazo de xogo libre con brinquedos tradicionais para público infantil (ao carón da carpa de Artesanía).

18:00 h: Showcooking do chef José Carlos Anchorena (Restaurante A Morada da Moa, O Pindo, Carnota).

18:00h aprox.: Actuación da agrupación de Gaiteiros “Pedras Miúdas”.

Venres, 19 de abril

Mañá

10:00 h: “Coñece Carnota” (xornada 1). Saída dende o Concello (actividade con inscrición previa no Depto. de Cultura e Deportes. Entrega das autorizacións até o 11/04). Programa que ten por obxectivo achegar a rapazada, entre os 6 aos 14 anos, ao patrimonio material e inmaterial das parroquias do noso concello e divulgar a súa importancia no ámbito social, a través de visitas guiadas e a colaboración de veciñas e veciños sobranceiros, transmisores orais viventes da historia do lugar.

12:00 h: Demostración de corte de xamón con Emilio Calo Rama. Con degustación de xamón e doutras especialidades con DO Porco Celta provistos por Productos Cárnicos Domínguez).

13:00 h (aprox.) Actuación do grupo tradicional da ACDR “O Rumial”.

Tarde

18:00 h – 20:00 h: Obradoiro “Deseño de bolsas para grandes lector@s”. Impartido por O Faiado de Nin. Obradoiro creativo de acceso libre para público infantil (a partir dos 6 anos). Personalizaremos bolsas ou mochilas de tea con deseños relacionados co mundo da literatura, do libro e da lectura. Se es amante das letras, este obradoiro é para ti!

18:00 h: Showcooking con Alén Tarrío (Pampín Bar -Santiago de Compostela-, elixido Cociñeiro do ano 2019 no pasado Fórum Gastronómico).

18:00h aprox. Actuación dos Gaiteiros de San Mamede.

22:15 h: Concerto do grupo folk “Andeluán” organizado pola Asociación Vintepicopés – ACDR O Patín (co apoio da Deputación da Coruña), na Casa da Xesteira (apertura de portas ás 21:30 h (entrada 3€, gratuíta para soci@s e menores de idade). Información do evento premendo aquí.

Sábado, 20 de abril

Mañá

09:00 h: Recepción de participantes na II Andaina Víndemo Ver: Senda Azul diante do Concello. 9:30 – 10:00 h: Saída dos autobuses lanzadeira cara ao punto de partida da Andaina no Faro de Lariño.

10:00 h: “Coñece Carnota” (xornada 2). Saída dende o Concello (actividade para inscrit@s previamente).

11:00 h: Showcooking de Fernando Ríos (Restaurante Ríos, O Freixo, Outes) e Noelia Rodríguez García (Casa Peto Outes, Cruceiro de Roo, Outes).

13:00 h: Actuación do grupo “As Rinchonas”.

Tarde

17:00 h: Showcooking de Pepe Senande (Restaurante A Muradana, Muros).

18:00 h – 20:00 h: Obradoiro de Coiro impartido por “Coiro Enxebre”, no que se elaborarán pulseiras trenzadas (limitado a 20 participantes por orde de chegada).

18:00 h: Actuación da agrupación “As Xaviñanas”.

Concertos (diante do edificio do Concello):

21:00 h: Adhara & Ritman.

22:00-22:15 h: Actuación entre concertos das Xaviñanas.

22:15 h: Sés (actuación co apoio da Rede Cultural da Deputación da Coruña).

Domingo, 21 de abril

VII Trail Viquinga do Concello de Carnota. O prazo de inscrición remata o 17/04 ás 23:59h: acceso a plataforma Galitiming.

09:00h: apertura de mesas para a recollida de dorsais.

10:30h:  Saída da categoría Absoluta -Sénior e M50-.

10:45h: Saída da categoría Cativos II.

11:00h: Saída da Categoría Cativos I.

11:15h: Saída da Categoría Pitufos.

O evento estará amenizado polo grupo de Gaiteiros de San Mamede.

Ademais, no salón de plenos haberá unha exposición e venda solidaria a beneficio da Asociación Monte Pindo Parque Natural, cunha selección de fotografías de Xavi Gantes.