Tralo éxito acadado no Obradoiro de Autodefensa na programación do #marzofeminista, a Concellaría de Igualdade e Diversidade volve organizar esta actividade que forma parte do IV Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes no marco da campaña de sensibilización Súmate á Igualdade. Desta vez, terá lugar o vindeiro 4 de maio, en horario intensivo de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, impartido por Lésbicas Creando, no local de Vintepicopés – ACDR O Patín (Casa da Xesteira, Carnota).

De 14 a 16 horas haberá un xantar compartido optativo, quen queira participar del, haberá de levar a súa comida.

Inscricións

Este obradoiro é gratuíto e o número de prazas é limitado, polo que recomendamos que reserven praza o antes posíbel.

O prazo para solicitar a participación neste obradoiro remata o 30 de abril, e formalizarase chamando ao Depto. de Igualdade e Diversidade: 981857032 – extensión 2.