Na programación estable do Víndemo Ver (Mostra de Promoción Local de Carnota, 18-21 de abril) por segundo ano consecutivo incluimos unha ruta de sendeirismo, completando así a oferta de actividades deportivas e ocio saudable destes días.

Nesta ocasión, propoñemosvos, o sábado 20 de abril, a ruta pola Senda Azul, cun percorrido lineal de 12,6 km que, dende Faro de Lariño vai percorrendo beiramar cara o norte do municipio, para chegar á meta na Casa do Concello. Ao non haber desnivel trátase dunha andaina de dificultade baixa.

O traslado ao lugar de inicio da andaina (Faro de Lariño) realizaráse en autobús, con saída na praza de San Gregorio (diante do edificio do Concello) ás 9:30 h, realizando as viaxes que se precisen en función do número de participantes inscritos. A hora de saída da andaina será ás 10:00 h, do Faro de Lariño.

A inscrición na andaina é gratuíta e realizarase on-line a través da páxina web www.galitiming.com ata o mércores, 17 de abril ás 15:30 h.