Xa está aberto o prazo de inscrición da VII Trail Viquinga do Concello de Carnota, a carreira non competitiva que forma parte da programación do Víndemo Ver (Mostra de Promoción Local de Carnota). Xa imos pola sétima edición, nesta ocasión terá lugar o domingo, 21 de abril.

A ruta está organizada polo Concello de Carnota e Club Praia de Carnota Runners, e este ano conta coa colaboración de: o Club Ciclista 40”ss, Construccións e Obras Andujar SL., Eleuterio Balayo e Palcos Vimianzo SC.

Trátase dunha carreira circular polo que a saída (ás 10:30 h- e chegada será diante da Casa do Concello. O horario de apertura das mesas para a recollida de dorsais será ás 08:30 h na Casa do Concello e poderanse recoller ata 15 minutos antes do inicio da proba.

As inscricións realizaranse a través da páxina web www.galitiming.com ata o domingo, 14 de abril ás 23:59 h cun custo de 5€ para as persoas adultas; a inscrición para os/as menores de idade será gratuíta.

A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha autorización paterna, segundo o modelo establecido pola organización. O dito modelo poderase descargar na páxina web www.galitiming.com e tamén estará á vosa disposición no Departamento de Deportes do Concello de Carnota.

HORARIOS

21 de Abril de 2019 
Praza de Galicia, CARNOTA (A CORUÑA).

  • – -Recollida de dorsais.
  • 10:30CATEGORÍAS SÉNIOR E M50 (feminina e masculina)
  • 10:45CATIVOS II 3Km (Anos 2004-2007)
  • 11:15CATIVOS I 1Km (Anos 2008-2011)
  • 11:30PITUFOS 300m (Anos 2012-2015)