Xa está aberto o prazo de inscrición da VII Trail Viquinga do Concello de Carnota, un evento xa clásico da programación do Víndemo Ver (Mostra de Promoción Local de Carnota, 18-21 de abril), con percorridos para todas as idades, que terá lugar o domingo, 21 de abril.

A VII Trail Viquinga está organizada polo Concello de Carnota e Club Praia de Carnota Runners, coa colaboración do Club Ciclista 40”ss, Construccións e Obras Andujar SL., Eleuterio Balayo e Palcos Vimianzo SC.

Trátase dunha carreira circular polo que a saída (ás 10:30 h) e chegada será diante da Casa do Concello. O horario de apertura das mesas para a recollida de dorsais será ás 09:00 h na Casa do Concello e poderanse recoller ata 15 minutos antes do inicio da proba.

A prol de Unicef

As categorías infantís (Pitufos, Cativos I e II), participarán a prol da campaña de Unicef “Gotas para Níxer”. Nas mesas de recollida de dorsais atoparán unha urna na que poderán colaborar cun donativo. 

Inscricións

As inscricións realizaranse a través da páxina web www.galitiming.com (á que pode acceder máis abaixo), ata o mércores, 17 de abril ás 23:59 h cun custo de 5€ para as categorías Sénior e M50, no caso dos/as menores de idade será gratuíta.

A solicitude de inscrición para os/as deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha autorización dos proxenitores/titores, segundo o modelo establecido pola organización. O dito formulario poderase descargar na páxina web www.galitiming.com e tamén estará á vosa disposición no Departamento de Deportes do Concello de Carnota.

Percorridos das categorías infantís e servizos

Horarios: 21 de abril de 2019

 Praza de San Gregorio, 19, 15293 Carnota (A CORUÑA).

  • 09:00 h Recollida de dorsais.
  • 10:30 h CATEGORÍAS SÉNIOR E M50 (feminina e masculina)
  • 10:45 h CATIVOS II 3Km (Anos 2004-2007)
  • 11:00 h CATIVOS I 1Km (Anos 2008-2011)
  • 11:30 h PITUFOS 300m (Anos 2012-2015)

Pitufos (2012-2015) 300m

Cativos I (2008-2011) 1.000m

Cativos II (2004-2007) 3.000m