Xa está aberto o prazo de inscrición da VIII Ruta BTT do Concello de Carnota, a ruta cicloturística non competitiva que forma parte da programación do Víndemo Ver (Mostra de Promoción Local de Carnota). Xa imos pola oitava edición, que terá lugar o xoves, 18 de abril.

Trátase dunha ruta circular polo que a saída (ás 10:00 h- e chegada será diante da Casa do Concello. O horario de apertura das mesas para a recollida de dorsais será ás 08:30 h na Casa do Concello e poderanse recoller ata 15 minutos antes do inicio da proba.

As inscricións realizaranse a través da páxina web www.galitiming.com ata o domingo, 14 de abril ás 23:59 h cun custo de 5€ para as persoas adultas; a inscrición para os/as menores de idade será gratuíta.

A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha autorización paterna, segundo o modelo establecido pola organización. O dito modelo poderase descargar na páxina web www.galitiming.com e tamén estará á vosa disposición no Departamento de Deportes do Concello de Carnota.

Esta ruta está organizada polo Concello de Carnota, o Club Praia de Carnota Runners e o Club Ciclista 40”ss. Ademais, este ano contamos coa colaboración de Bicicletas TRIKI, Palcos Vimianzo SC, Distribuciones Eleuterio Balayo e Construcciones y Obras Andujar S.L.