Chega un novo Entroido cheo de risas, disfraces e moita retranca!
Venres, 1 de marzo
17:00 – 20:00 h, no pavillón de Carnota: Festa de Entroido con inchables, refrescos, lambetadas, obradoiro de máscaras e discoteca móbil.
Non hai concurso, co cal, vinde con gañas de disfrace, de festa e de pasalo ben!!!!!!!!
Sábado, 2 de marzo, no Pindo:
Ás 17:00h, saída do tren de Entroido da Praza da Solaina coa comparsa da Camorra Pindexa, que percorrerá O Pindo, Quilmas, Panchés e A Curra.
E ás 21:30h, Cea-baile de Entroido “Anos 20” (ACDR Pedramar).
Domingo, 3 de marzo
Dende as 11:30h ata as 18:00h, polas parroquias do concello… Chega o tren de BVE (baixa velocidade) a Carnota.
A “Asociación de Veciños de Aghuasquentes D´Abaixo” virá visitar as marabillas do noso concello; Sairán ás 11:30h de Lariño, sobre as 12.30h visitarán Lira, logo irán aos vermús a San Mamede e a Caldebarcos e pararán en Carnota para comer no restaurante “Maratlántico” a carne asada, o flan e o viño “dulse”. Despois de ver o hórreo, a praia e demais recursos turísticos, seguirán camiño pola estrada xeral cara ao resto do lugares, ata O Pindo.
Luns, 4 de febreiro
11:30 a 13:00h: Obradoiro de Regheifas, na Casa do Concello.
Dirixido á rapazada de 7 a 15 anos, da man de Guadalupe Blanco, da Asociación O.R.A.L. de Galicia. Podedes consultar o traballo que desenvolven en regueifa.org.Para esta actividade hai que inscribirse previamente na oficina de Cultura e Deportes do Concello.
Mércores, 6 de marzo
11:00 – 13:00h: Xogos deportivos con Fernando.
No pavillón de Lamas de Castelo. Dirixido a rapaces e rapazas de primaria, de 6 a 12 anos. Para esta actividade hai que inscribirse previamente na oficina de Cultura e Deportes no Concello.
AVISO:
* Non haberá actividades na Escola de Música, nas Escolas Deportivas nin Debuxo os días luns 4, martes 5 e mércores 6. Tampouco haberá sesión de Venres Lúdicos nin Xadrez na Biblioteca o 1 de marzo.
Dende o xoves 7 retomaranse todas as actividades nos horarios habituais.