Chega un novo Entroido cheo de risas, disfraces e moita retranca!

Venres, 1 de marzo

17:00 – 20:00 h, no pavillón de CarnotaFesta de Entroido con inchables, refrescos, lambetadas, obradoiro de máscaras e discoteca móbil.

Non hai concurso, co cal, vinde con gañas de disfrace, de festa e de pasalo ben!!!!!!!!

Sábado, 2 de marzo, no Pindo:

Ás 17:00h, saída do tren de Entroido da Praza da Solaina coa comparsa da Camorra Pindexa, que percorrerá O Pindo, Quilmas, Panchés e A Curra.

E ás 21:30h, Cea-baile de Entroido “Anos 20” (ACDR Pedramar).

Domingo, 3 de marzo

Dende as 11:30h ata as 18:00h, polas parroquias do concello… Chega o tren de BVE (baixa velocidade) a Carnota. 

A “Asociación de Veciños de Aghuasquentes D´Abaixo” virá visitar as marabillas do noso concello; Sairán ás 11:30h de Lariño, sobre as 12.30h visitarán Lira, logo irán aos vermús a San Mamede e a Caldebarcos e pararán en Carnota para comer no restaurante “Maratlántico” a carne asada, o flan e o viño “dulse”. Despois de ver o hórreo, a praia e demais recursos turísticos, seguirán camiño pola estrada xeral cara ao resto do lugares, ata O Pindo.

Luns, 4 de febreiro

11:30 a 13:00h: Obradoiro de Regheifas, na Casa do Concello.

Dirixido á rapazada de 7 a 15 anos, da man de Guadalupe Blanco, da Asociación O.R.A.L. de Galicia. Podedes consultar o traballo que desenvolven en regueifa.org.Para esta actividade hai que inscribirse previamente na oficina de Cultura e Deportes do Concello.

Mércores, 6 de marzo

11:00 – 13:00h: Xogos deportivos con Fernando. 

No pavillón de Lamas de Castelo. Dirixido a rapaces e rapazas de primaria, de 6 a 12 anos. Para esta actividade hai que inscribirse previamente na oficina de Cultura e Deportes no Concello.

 

AVISO:

* Non haberá actividades na Escola de Música, nas Escolas Deportivas  nin Debuxo os días luns 4, martes 5 e mércores 6. Tampouco haberá sesión de Venres Lúdicos nin Xadrez na Biblioteca o 1 de marzo.

Dende o xoves 7 retomaranse todas as actividades nos horarios habituais.