O vindeiro sábado, día 2 de febreiro, terá lugar unha xornada de intercambio de experiencias con dous dos concellos galegos que tamén foron recoñecidos por UNICEF: Castrelo de Miño e Moeche. Esta xornada leva o nome de “Somos o futuro” e pretende tender pontes e liñas de traballo compartido entre os tres concellos.

Contaremos coa participación de rapazas e rapaces representantes da infancia e da adolescencia de Moeche, de Castrelo de Miño e de Carnota. A idea é crear espazos de traballo nos que a rapazada intercambie experiencias e profunde no funcionamento dos Consellos de Participación Infantil e Adolescente.

Esta xornada está aberta a toda a veciñanza que queira coñecer, compartir e aportar ao proxecto. Para participar é necesario inscribirse previamente a través do Departamento de Servizos Sociais do Concello (981 85 70 32 – Ext. 2).

Para estar ao día das Actividades de Carnota Amiga da Infancia e da Adolescencia poder consultar o blog do proxecto aquí.

Programa da xornada: “Somos o Futuro”

10:30h: Obradoiro de participación con representantes do Consello Municipal de Participación de Carnota.

  • Lugar: Salón de actos do Concello.

12:30h: Espazo de intercambio de experiencias coas rapazas e rapaces de Castrelo de Miño e Moeche. Dirixido a rapazas e rapaces e a persoas adultas que forman parte dos Consellos de Participación (asociacións, comunidade educativa e persoal técnico e político).

  • Lugar: Salón de actos do Concello.

14:30: Xantar.

 16:30: Dinámica de participación. Dirixido a rapazas e rapaces dos tres Concellos.

  • Lugar: Local Vintepicopés.