Unha vez máis o concello de Carnota aposta polo turismo asistindo a FITUR, a Feira Internacional de Turismo de Madrid, e apoiando  as presentacións dos proxectos nos que colabora este ano 2019:

Estratexia de posta en valor do Patrimonio Inmaterial da Costa da Morte, promovida pola CMAT, cuxo obxectivo é visibilizar as  potencialidades turístico-culturais que ofrece o noso xeodestino.

Gran Fondo Ézaro que terá lugar o próximo 7 de xullo. Esta proba ciclista organizada por EMESPORTS coa colaboración dos concellos de Muros de Cee, Muxía, Muros, Carnota e Dumbría pola que transcorre e que está incluída no circuíto da UCI Gran Fondo World Series. Con máis de 1500 inscritos, é a proba ciclista con máis participantes de Galicia e das máis grandes de España.

O percorrido pola Costa da Morte, tal e como os propios participantes sinalan,  é un escenario singular en canto a beleza e dureza: 140 km. e rampas de até un 30%.