Durante a mañá de onte xoves 17 de xaneiro, o alumnado do Ies Lamas de Castelo asistiu a un concerto da man de Patricia de Lorenzo e Manuel Cebrián do Grupo Chévere (Premio Nacional de Teatro 2014) no salón de actos do Concello de Carnota.

A través do seu espectáculo “I’ll be watching you (hei estar vixiándote)”, analizaron cancións que @s adolescentes consomen de forma masiva, cuestionando os estereotipos de xénero e sexistas que se agochan detrás das súas letras.

Esta actividade, cuxo obxectivo principal é a prevención da violencia de xénero, está subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade (Igualdade na Rede).