Por causas alleas á organización, pero de causa maior para a artista, temos que postergar a actuación prevista para mañá, venres 11 de xaneiro. Sentimos as molestias que poida ocasionar este adiamento.

nova data da actuación será o venres 1 de febreiro á mesma hora (20:00h) e espazo (o salón de actos do Concello).

Isabel Risco converteráse en Chelo García Naveira, máis coñecida como “Nabiza Girl”, unha superheroína rural galega con denominación de orixe protexida que, contándonos a súas aventuras e desventuras, de seguro nos fará rir a gargalladas.

Máis información do espectáculo na seguinte ligazón: http://www.culturactiva.org/gl/espectaculo/nabiza-girl

Está será a derradeira actuación do ciclo de Noites espectaculares, unha programación cultural dirixida ao público adolescente e adulto que conta co soporte da Deputación da Coruña dentro do seu programa “Rede Cultural”.