A área de Deportes do Concello xestiona unha nova edición da Campaña de Inverno 2019 que organiza a Deputación da Coruña. Esta iniciativa pretende que os/as rapaces/zas da provincia, entre os 11 e os 15 anos, teñan a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí na estación de Cabeza de Manzaneda (Ourense) e, asemade, participar en diversas actividades deportivas e culturais complementarias.

A viaxe terá un custe de 85 euros e inclúe transporte, estadía de tres días en Cabeza de Manzaneda do 22/02/19 ao 25/02/19, clases de esquí, monitores, seguro, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

Os requisitos para participar son:

  • Estar empadroados/as no concello
  • Ter de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de
    2019).

Terán preferencia os/as rapaces/zas que non foran a ningunha campaña da neve da deputación.

INSCRICIÓNS

Os/as interesados/as en participar deberán presentar no Departamento de Cultura e Deportes:

  1. Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do/a solicitante (dispoñible no concello e na seguinte ligazón: https://www.dacoruna.gal/deportes/
  2. Unha foto tipo carné.
  3. Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  4. Fotocopia do carné de identidade ou Libro de Familia.

O prazo de inscrición remata o 10 de xaneiro de 2019.