Dende o 18 de decembro ao 8 de xaneiro, o salón de actos do Concello acolle esta mostra itinerante. “Letras ó camiño é unha achega á literatura da man de dez homenaxeados no Día das Letras Galegas entre os anos 1973 e 1982. Ten carácter literario e biográfico, en lembranza dos nosos ilustres escritores e escritoras.

O proxecto expositivo está desenvolvido pola Asociación Cultural O Ferrado de Asados (Rianxo), co soporte da Deputación da Coruña. A idea da presente mostra é continuadora do proxecto iniciado en 2017, que comezara cos 10 primeiros escritores. Ademais deste proxecto, O Ferrado tamén está a desenvolver outro complementario –”Do oral ó escrito”-,  que pretende identificar, recoller e divulgar a literatura de tradición oral.

A información destes proxectos pódese consultar nos códigos QR dos carteis postos a disposición  dos/as visitantes.

Ademais, o xoves 27 ás 11:15h no salón de actos, o presidente da Asociación O Ferrado, Rafael Piñeiro, fará entrega  ao Alcalde, Ramón Noceda, do “Broche dos Bos e Xenerosos” nun acto aberto á veciñanza e en agradecemento pola boa acollida ofrecida polo Pobo de Carnota.