Hoxe, 17 de decembro, no salón de actos fixemos entrega dos premios do 1º Concurso de Vídeo-felicitacións de Nadal, no que participou o alumnado de Infantil e Primaria do Concello. Establecéronse 3 categorías dos que os finalistas acadaron un lote de libros para cadansúa aula:

  • Da categoría dos cursos de Infantil presentáronse 3 propostas, ficando finalista a do CEIP do Pindo co vídeo “¿Qué será o que está a pasar?
  • O resto de finalistas repartíronse entre dúas categorías dos cursos de Primaria do CEIP de Carnota: o de 3º con “Os reis chegan a Galicia” e os de 6º con “Que non teña lugar só no Nadal

Destes finalistas resultou gañadora a proposta de Infantil do CEIP do Pindo, ademais do lote de libros, cada alumno e alumna gañou unha entrada para asistir aos cinemas de Cee).

A vídeo-felicitación gañadora é unha fantástica escenificación (incluído o druída do Pindo) que xa podedes ver:

¡¡Bo Nadal a tod@s e feliz 2019!!