Xa podedes consultar a gran oferta cultural e de ocio que o Concello de Carnota propón para estas datas que se aproximan:
O 17 de decembro terá lugar a entrega de premios do 1º Concurso de videofelicitacións de Nadal
O 19 de decembro celebrarase o concerto da Escola Municipal de Música
O 21 de decembro poderedes asisitir ao concerto familiar de Febralart “Unha viaxe de Nadal”
Os días 26 e 27 de decembro poderás participar no Clinic do Nadal e/ou no Obradoiro Arqueolóxico.
O 27 de decembro tamén terá lugar o concerto didáctico “Dúas picariñas ourensás” con Senén Vaamonde e Luis e Manuel do grupo A Roda
O 28 de decembro, incluido dentro das Noites Espectaculares teremos teatro cos Quinquilláns “Language planing”
O 2 de xaneiro teremos o obradoiro de cantigas “Imos cantar o Nadal” con Xandobela
O 3 de xaneiro iremos de excursión a Santiago de Compostela, a patinar sobre xeo e visitar o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago
O 4 de xaneiro está prevista unha sesión de xogos de mesa na biblioteca do concello para @s máis pequen@s e tamén o Festive English Time, unha actividade participativa de inmersión en inglés
E por último pero non menos importante, o 5 de xaneiro, terá lugar a Gran Cabalgata de Reis
Para máis información, lugar, horas, onde inscribirse, etc. consulta o cartaz ou contacta con nós no seguinte teléfono de contacto: 981857032



