Mañá sábado día 1 de decembro ás 20:00 horas estréase no salón de actos do Concello de Carnota “Lupa. Na procura da Raíña Loba”. 

Trátase dun proxecto audiovisual para a divulgación e posta en valor do noso patrimonio cultural.

O documental recolle a hisoria dun dos mitos máis significativos da nosa cultura: o mito da raíña Lupa e o mito da traslación do apóstolo Santiago a través dunha viaxe fascinante polo patrimonio material e inmaterial do noso país, montes sagrados coma o monte Pindo, covas misteriosas como a Cova da Xoana e moitas outras paisaxes naturais e míticas do concello de Carnota.