Os vindeiros 26 e 27 de decembro de 2018, de 11:00 a 13:00, O Concello de Carnota organiza un OBRADOIRO ARQUEOLÓXICO para nen@s de entre 6 e 12 anos.

O mércores 26 de decembro levaremos a cabo diferentes actividades. Reproduciremos con arxila os petróglifos e o castro do Museo Arqueolóxico Aberto, que posteriormente colocaremos nunha reprodución de Carnota. Con pigmentos, faremos pictogramas nun mural e deixaremos a pegada das nosas mans como facían os nosos devanceiros.

O día 27 de decembro, para ver cos nosos propios ollos os petróglifos, faremos unha excursión en bus e a pé ata Prousos Magos, unha das estacións máis completas do noso Museo Arqueolóxico Aberto.

Xa sabes, se queres converterte nun verdadeiro artista da Prehistoria e estás preparado para mancharte un pouco, apúntate ao noso obradoiro!

Podes anotarte no Departamento de Turismo do Concello de Carnota, no teléfono 981 857 032 ou no correo eléctrónico: turismocarnota@gmail.com

As prazas son limitadas e a inscrición gratuíta