Esta é unha campaña que se desenvolve con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. É unha acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas.

“Carnota en negro”. Calquera pode participar nesta campaña. Propoñémosvos vestir de loito o noso municipio en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte. A veciñanza ten o protagonismo, e pode transmitir unha mensaxe de denuncia e solidariedade: queremos Carnota libre de violencias machistas!

Do 19 ao 25 de novembro, viste a túa casa, tenda, comercio, empresa, bar, local, etc, de negro. Dende a Concellería de Igualdade e Diversidade facilitarémosvos o material necesario.

Esta campaña desenvólvese conxuntamente con outras 102 vilas e cidades galegas baixo o lema “En Negro Contra as Violencias”, co obxectivo de poñer sobre as axendas políticas e públicas, coa maior contundencia posible e dunha vez por todas, o terrorismo machista como un problema de toda a cidadanía.