Este venres 9 de novembro celebramos na Praza de San Gregorio de Carnota o acto central do DÍA DO PEÓN cos escolares do concello, de primaria e infantil.

Lerase un manifesto, escrito pola escritora María Lado, decoración de cadanseu peón, exhibición de lanzadeiras, fabricación en directo dun trompo da man dun carpinteiro artesán e unha lanzadeira comunitaria.

Se algún familiar posúe trompos tamén os pode achegar ese día para facer unha pequena exposición deles, e como non, pais, nais, avós, avoas, tíos, tías, etc que queiran pasar esta horiña con nós e lanzar o peón, pode achegarse ás 11.30 h.