O mércores 31 de outubro deu comezo o obradoiro de emprego dual “SETE FONTES” promovido polos Concellos de Muros e Carnota, que aprobou a Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Este programa mixto de emprego e formación terá unha duración de 9 meses, cunha etapa de formación en alternancia co traballo ou práctica profesional, que estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.
O número de alumnos/as traballadores/as é de 20 e as especialidades son as seguintes:

  • Atención socio- sanitaria a persoas no seu domicilio
  • Interpretación e educación ambiental.