O Concello de Carnota organiza unha andaina polo MUSEO ARQUEOLOXICO ABERTO que terá lugar o sábado 1 de decembro ás 9.30 h. Únete para realizar con nós unha ruta pola historia desfrutando da natureza e seguindo os pasos dos nosos devanceiros.

Será unha ruta circular de 9 km, con saída dende o Concello de Carnota, na que visitaremos o Castro de Mallou e os petróglifos de Rego Lamoso e A Laxe Escrita, un percorrido de dificultade media que nos levará unhas 3:30 horas.

Se estás interesado podes formalizar a inscrición no Departamento de Turismo do Concello de Carnota, chamando ao número de teléfono 610 230 445 ou enviando un correo electrónico a  turismocarnota@gmail.com, ata o 27 de novembro.
As prazas son limitadas e a inscrición gratuíta.