O venres 2 de novembro ás 20:00 h, o gran Quico Cadaval actuará no salón de actos do Concello de Carnota co seu humor inigualable. Con “Os inocentes”, Cadaval introduciranos os personaxes de Manuel, Marquiños e Pastor que sofren o espanto da guerra dende a súa inocencia.
Esta actuación é a primeira das 4 enmarcadas na programación cultural carnotá para os vindeiros meses, dedicada ao público adulto, e está organizada polo Departamento de Cultura do Concello e subvencionada pola Deputación da Coruña dentro do programa Rede Cultural”