A Consellería de Economía, Emprego e Industria aprobou o desenvolvemento dun Obradoiro de Emprego, promovido polos Concellos de Muros e Carnota, denominado “Sete Fontes”.

Este programa mixto de emprego e formación terá unha duración de 9 meses, cunha etapa de formación en alternancia co traballo ou práctica profesional, que estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.

O número de alumnos/as traballadores/as será de 20.

Poderán ser beneficiarias do proxecto as persoas que teñan solicitado na Oficina de Emprego o código de Obradoiros de Emprego.

Especialidades:

  • Atención socio-sanitaria a persoas no seu domicilio
  • Desenvolveranse accións no eido da atención socio-sanitaria e a intervención psicosocial.

É necesario unha titulación mínima de ESO ou equivalente.

Interpretación e educación ambiental.
Adquisición de habilidades de comunicación sobre o medio ambiente, a interpretación dos seus valores e problemática. Guiar e capacitar as persoas para contribuír a conservación e mellora ambiental. Así mesmo esta especialidade terá asociada un módulo de Información turística Local e Comarcal.
É preciso unha titulación mínima de Bachiller, ciclo medio ou equivalente.

Calquera persoa interesada, inscrita no SPE, pódese informar chamando aos seguintes números:

Concello de Muros: 981826050
Concello de Carnota: 981857217