Xa estamos na conta atrás preparando a festa para despedir ao verán coma se merece! Reservade a tarde do venres 21, a partir das 18:00h no campo do Viso, para gozar con @ocuboteatro que nos presenta Ghop!: un espectáculo para toda a familia coa estética clásica dos #CircosAmbulantes que, no pasado, percorrían as prazas dos pobos e aldeas. Os tres protagonistas (Sofía Espiñeira, Roberto Casal e o @Magonoel) vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia.

E para rematar, ás 19:30h proxectaremos “Maimiño e o espello máxico” (produción galego-cubana baseada no conto de Polgarciño) en pantalla de cinema ao aire libre se Don Outono non se adianta! 😉

Agardámosvos a todxs este venres!