Rematou o programa de voluntariado organizado polo Concello de Carnota en colaboración ca Xunta de Galicia co fin de conservar, coidar e levar a cabo tarefas de difusión dos espazos naturais de Carnota.

Un dos principais obxectivos deste programa foi crear e fomentar unha conciencia medioambiental, crear un espazo axeitado para o coñecemento e realización de actividades de conservación do medio entre o voluntariado.

Os voluntarios e voluntarias participante na limpeza do litoral de Carnota non tiñan como única función a recollida de residuos, tamén debían diagnosticar o estado do LIC e valorar o tipo e procendencia dos desperdicios. Este tipo de información serve como ferramenta para identificar as actividades que xeran a acumulación de lixo en cada localidade.

 

.