O Concello de Carnota organiza durante os meses de xullo e agosto unha serie de visitas guiadas por distintas rutas do concello co fin de dar a coñecer os recursos turísticos locais.

Esta programación inclúe unha ampla variedade de itinerarios, como a subida ó imponente Monte Pindo, un recorrido polo Museo Arqueolóxico Aberto para coñecer parte da nosa historia, a ruta dos Muíños de Vadebois, A Curra e Panchés con máis de 20 muíños e a Senda Azul, un roteiro que transcorre na súa totalidade pola beira do mar. Esta programación inclúe como novidade dúas visitas guiadas nocturnas que transcurrirá por parte do Museo Arqueolóxico Aberto.

Os interesados en inscribirse, deben facelo polo menos dous días antes da realización de cada actividade no departamento de turismo, cultura e deportes do Concello de Carnota.

Para cada unha das rutas publicarase un cartel específico con información máis detallada.

Podes consultar aquí o cartel da primeira das rutas (Museo Arqueolóxico Aberto – zona sur)