A Praia do Pindo, no Concello de Carnota, é o lugar elexido pola Federación Galega de Voleibol para dar inicio ó Campionato Galego de categorías inferiores 2018. O torneo, organizado pola Federación Galega de Voleibol co patrocinio de Vichy Catalán e a colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Carnota, acollerá todas as categorías de base. O sábado 30 de xuño xogarán a Sub 19 e a infantil e o domingo 1 de xullo a cadete e alevín, probas que puntuarán dentro do Circuíto Galego.

A inscrición será gratuíta e farase antes do mércores 27 de xuño ás 20:00 h, enviando un correo electrónico a correo@fgvb.

http://www.fgvb.es/noticias.asp?id=1351#.WzIhetIzaUk