O xoves 31 de maio chega a Carnota a campaña “O que se enchufa, recíclase”, un programa da Consellería de Medio Ambiente, de información e sensibilización sobre a correcta xestión de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos.
Achegádevos ao punto de información que se situará na Praza da Solaina do Pindo, de 11:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 19:00 h.