No marco da programación artellada arredor das Letras Galegas, o Concello de Carnota organiza unha Camiñada pola Lingua para o domingo 27 de maio. Trátase dunha ruta de sendeirismo circular, duns 11 Km, cuxo percorrido discorrerá pola ladeira sur do Monte Pindo, pasando polos muíños de Panchés e A Curra. O inicio terá lugar ás 9:30 h, coa lectura pública dun manifesto a prol da lingua galega na contorna dos muíños de Vadebois. O prazo de inscrición remata o 21 de maio ás 14:00 h (deportes@carnota.es, 981857032).