O pasado 23 de abril, Día do Libro, o Concello de Carnota realizou unha primeira solta de libros no marco da campaña Libros para sermos libres, promovida pola Deputación Provincial da Coruña. En vista da boa acollida  que tivo esta iniciativa, continuamos agasallando libros entre a veciñanza. Esta mañá estivemos no Pindo liberando exemplares procedentes de baixas e excedentes da Biblioteca Municipal.