O pasado luns 26 de marzo impartiuse unha charla formativa contra a praga da vespa velutina, dirixida tanto aos apicultores como a toda a veciñanza do municipio. O encargado de levar a cabo a charla foi Lolo Andrade, investigador e especialista en vespa asiática.

O Concello repartiu a todos os asistentes trampas e atraentes. Por outra parte o Concello levará a cabo unha campaña de trampeo, con instalación de trampas naquelas zonas máis sensibles,colexios, parques, centros de saúde…